PRIMEIRA : Poderán participar todas/os alumnas/os do centro.
SEGUNDA : Os traballos, orixinais e inéditos, deberán ser realizados en soporte informático. Deberán levar un lema (libre) en galego. Tamaño máximo 21 x 8 cm., unhasoa cara. Coroubranco e negro.
TERCEIRA : Os traballos deberán ser realizados a título individual.
CUARTA: O prazo de presentación remata o 22 de Marzo de 2010. Os traballos enviaranse ao correo electrónico : enl@danielcastelao.org .
QUINTA : O premio consistirá en roupa da marca CARAMUXO (www.caramuxo.com) por valor de 50€ a elexir polo gañador/a , ou ben comics de Miguelanxo Prado polo mesmo valor. Ademais os tres mellores traballos reproduciranse e poranse á venda para cubrir os gastos de reprodución.
SEXTA : O xurado estará composto polos membros do equipo de normalización lingüística do centro. A notificación do gañador/a farase o 26 de Marzo de 2010 nas instalacións do centro a partir das 11:00 horas.
SÉTIMA :Os deseños enviados quedarán en poder do CPR Daniel Castelao
OITAVA :A decisión do xurado será inapelable. A participación no concurso implica a aceptación das bases anteriores.
Actividade organizada polo Equipo de Normalización Linguística do CPR Daniel Castelao