PRIMEIRA : Poderán participar todas/os alumnas/os do centro.
SEGUNDA : Os traballos, orixinais e inéditos, deberán ser realizados en soporte informático. Deberán levar un lema (libre) en galego. Tamaño máximo 20 x 5 cm, unha soa cara. Cor ou branco e negro.
TERCEIRA : Os traballos deberán ser realizados a título individual.
CUARTA: O prazo de presentación remata o 19 de Marzo de 2012. Os traballos enviaranse ao correo electrónico: enl@danielcastelao.org
QUINTA : O premio consistirá en roupa da marca CARAMUXO (www.caramuxo.com) por valor de 50€ a elexir polo gañador/a, ou ben música, películas ou libros de www.tuopa.net polo mesmo valor. Ademais o traballo gañador reproducirase en papel.
SEXTA : O xurado estará composto polos membros do equipo de dinamización lingüística do centro. A notificación do gañador/a farase o 22 de Marzo de 2012 , vía correo electrónico.
SÉTIMA : A entrega de premios farase as 12.20 do 16 de maio nas instalacións do centro.
OITAVA : Os autores serán os responsables da orixinalidades dos traballos presentados.
NOVENA: Os deseños enviados quedarán en poder do CPR Daniel Castelao
DÉCIMA: A decisión do xurado será inapelable. A participación no concurso implica a aceptación das bases anteriores.
Actividade organizada polo EDL do CPR ‘Daniel Castelao
Actividade organizada polo Equipo de Normalización Linguística
do CPR Daniel Castelao