|
| |
|
Viaxe a Edinburgh |
| |
Obxetivo :
- Coñecer a s instalacions de Kaplan Aspect (Escola de Idiomas) e as residencias nas que aloxan os estudantes, - Contactar con empresas e institucions cara a posibilidade de os nosos alumnos poidesen realizar prácticas de FCT nelas neste ou en vindeiros cursos.
|
|
Data : Do 23/11/2008 a 29/8/2008
Conseguidos os dous obxectivos, decir que Edinburgh e unha cidade moi fermosa cun monton de actividades que se poden realizar o longo do ano. Ademais de museos, salas de exposicions, pazos, castelos... o que mais chama a atención e a amabilidade da xente, e a gran cantidade de pubs onde un pode ver actuacions dunha calidade increible de todo tipo de estilos (rock, heavy, funk, jazz, folk, ....) sen pagar un duro, como moito a consumicion dunha pinta de cervexa . A cidade e como Vigo de tamaño pero toda a zona antigua esta perfectamente conservada e e enorme. Facer unha excursión polos alrededores e coma estar en casa , todo son prados , bosques e lagos, moi cerca esta o lago Ness. Un destino moi recomendable para os que gosten non solo de visitar senon de coñecer , disfrutar e aprender.
|
|
| |
|
New York |
| |
Obxetivo :
Curso de inglés en New York |
|
Data : Novembro 2008
O pasado mes de novembro un grupo de sete alumnos nos fomos durante os últimos quince días a New York, para asistir a un curso de inglés e tamén para coñecer unha nova cultura, novos lugares e tamén xente nova. No primeiro día de clase xa coñecemos a xente nova de moitas partes do mundo. A xente pode crer que asistir a clases é aburrido, pero todo o contrario, porque nas clases interactuábamos continuamente charlabamos de diversos temas e así mellorabamos a nosa fluidez e expresión oral, á vez que coñecíamos ós nosos compañeiros. Pero iso non foi o único q fomos a facer alí, senón q durante eses días non paramos quietos nun mesmo lugar. Recorremos Manhatan de Norte a sur e a verdade valeu a pena porque é incrible. Entre os lugares que visitamos podemos destacar central park, Harlem (onde fomos a unha misa gospel que foi alucinante), a estatua da liberdade, coney island, o zoo do Bronx etc… Tamén podemos dicir que asistimos a unha cea de acción de gracias, que se celebrou no empire state (lugar onde recibimos as clases), e o desfile de acción de gracias; polo que vivimos unhas das festas máis importantes. E entre as actividades que fixemos tamén cabe destacar que uns fomos ver o musical do fantasma da ópera en brodway, e outros a ver un partido da NBA. O que sen dúbida foron tardes incribles, porque son cousas que so se poden vivir alí. Cando chegamos alí todo nos parecía enorme, os edificios desaparecían entre as nubes, mentres, nós intentabamos crernos que realmente estabamos alí. Para ser sincera inda me costa hoxe crerme que puiden vivir esa experiencia, porque máis que nada parece un soño, un soño feito realidade grazas a unha beca e a un equipo que nos organizou a viaxe, polo que estamos moi agradecidos. Poderíamos resumila viaxe como unha experiencia única, incomparable, e irrepetible que nunca olvidaremos.
|
|
<< Volver a inicio de ESTADÍAS
|
|
|
|