 |
 |
| Travesía á illa de San Simón |
|
 |
|
|
| |
 |
|
 |
|
O próximo sábado día 29 imos remar á bahía de San Simón. Como o ano pasado imos realizar esta actividade en colaboración co Clube Náutico Cobres de Vilaboa.
O punto de saída será as instalacións de dito clube, remando cara á illa de San Simón. Pararemos na praia de Cesantes e logo de dar a volta á illa colleremos rumbo cara o peirao de Sta Cristina de Cobres, o lugar dende onde saímos.
O nivel de dificultade desta travesía é baixo, calquer persoa pode remar esa distancia. O percorrido previsto realizarase sempre que as condicións atmosféricas sexan as adecuadas, podendo haber cambios según estas.
|
|
 |
|
|
|
| |
Parte do material necesario para esta actividade alugarémolo no clube (piragüa, pala, e chaleco salvavidas) e ten un custe de 10 € por persoa. Tamén será necesario levar un chubasqueiro, roupa comoda deportiva (mellor licras, camisetas térmicas, forros polares), calzado para entrar na auga (escarpíns, chanclas, etc). Ao rematar a actividade poderemonos duchar nas instalacións do clube, polo que recomendamos que levedes roupa (unha muda) de cambio e toallas.
A hora de comezo da actividade será ás 12:00 horas e remataremos sobre as 14:30 horas, polo que comeremos no entorno do clube , polo que recomendamos que levedes bocata e reconstituíntes varios |
|
| |
|
|
| |
|
|
|
|
|