Actividades plurilingües
- 01/10/2019
- Posted by: webmaster
- Categoría: Actividade extraescolares , Formación , Todos os eventos ,

Debido á crecente demanda de alumnado interesado en obter titulacións acreditativas de nivel de linguas estranxeiras, o noso centro conta coa colaboración dunha auxiliar de conversa, unha profesora nativa que se encarga de impartir cursos de linguas ao alumnado interesado en practicar e perfeccionar o inglés nun ambiente distendido ao mesmo tempo que se prepara para a obtención do certificado ISE (Integrated Skills in English) outorgado por Trinity College London.
Durante todo o curso académico, o centro organiza actividades complementarias propias para os ciclos formativos plurilingües, co obxectivo de fomentar o traballo en grupo, o deporte ao aire libre e o uso do inglés como lingua vehicular en contornas distintas ás puramente académicas.
Algunhas das actividades ofrecidas son:
- Servizos informáticos na rede
- Apliacións informáticas adminstrativas
- Robótica con Echidna, Arduino e Raspberry Pi
- Comercio electrónico
- Aplicacións informáticas fiscais
- Impresión 3D
- Arduino e IOT
- Programación PHP
- Programación estruturada
- Clube de robótica
- Cursos de Inglés
- Preparación ao exame de capacitación lingüística B1 e B2 (Inglés)