Centro Plurilingue

Os centros plurilingües son centros nos que se imparten nunha lingua estranxeira áreas ou materias non lingüísticas, cun máximo dun tercio do horario lectivo e dirixido a todo o alumnado do nivel educativo obxeto do programa plurilingüe.

En toda Galicia so 7 centros de Formación Profesional pertencen a rede de Centros de Ciclos Formativos Plurilingües.

POR QUÉ SOMOS UN CENTRO PLURILINGÜE?
Porque apostamos por unha formación que posibilite a mobilidade do noso alumnado fora do estado español.

Ademais o alumnado dispón dunha materia formativa extracurricular (inglés) de dous periodos lectivos semanais, así como de actividades complementarias para reforzar a aprendizaxe da lingua estranxeira e favorecer a certificación de nivel de idioma ao finalizar o ciclo.

O obxectivo fundamental deste programa non é mellorar as competencias lingüísticas, senon afrecerlle ao alumando máis oportunidades para favorecer a súa inserción laboral, e desenvolver habilidades de comunicación oral e escrita en inglés.

QUE SIGNIFICA PARA O ALUMNADO?
Ao remate da etapa o alumnado disporá de formación especìfica orientada para certificar o nivel B1, B2 ou superior.

Seguimos apostando pola mellora da competencia lingüistica do noso alumnado