Desenvolvemento da aprendizaxe a distancia

Durante este momento de distanciamento no que o acceso ás clases está suspendido, temos que seguir coa tarefa pedagóxica. Non será doado trasladar o noso traballo presencial a unha clases a distancia pero moito profesorado do centro xa está a traballar dende hai moitos anos con ferramentas dixitais que se adaptan con facilidade a esta situación. Nese sentido, a Consellería de educación, universidades e formación profesional e do Centro autonómico de formación e innovación pon a disposición de toda a comunidade educativa unha serie de recursos e servizos para o desenvolvemento da aprendizaxe a distancia. Aquí vos deixamos o documento recibido ao noso centro informando de cales son eses servizos e recursos.

Descarga aquí o documento co procedemento.