Documentación

DOCUMENTOS ORGANIZATIVOS

Nesta sección dispoñedes dunha parte da documentación que nos permite fixar a liñas de funcionamento interno e de actuación. Todo o persoal do centro (tanto o profesorado como o persoal de administración e de servizos) segue estas directrices para que as intervencións en diferentes eidos teñan uniformidade e coherencia.

Movidos por un interese de facer máis efectivo o noso traballo educativo, poñemos a vosa disposición esta documentación.

Se, despois da súa lectura quedara algunha dúbida podedes poñervos en contacto ao través dos medios que poñemos á vosa disposición na seguinte páxina.

Documento que describe o contexto socio económico da cidade de Vigo e como o noso centro estrutúrase para adaptarse ás súas necesidades de empregabilidade.

Proxecto eductativo do centro para o curso 2020/21

 

O noso centro ten desenvolvido unha especial sensibilización ao alumnado procedente de paises estranxeiros. Como os xoves só se poden integrar a partir dunha plena integración tanto cultural como profesional, empregamos un especial esforzo nesa tarefa para o cal temos desenvolto un plan de acollida para as mozas e mozos que cursa conosco.

Neste documento tendes o plan de acollida para alumnado estranxeiro desenvolto para este curso 2020/2021

 

Poñemos a vosa disposición no seguinte documento as normas que rixen a nosa convivencia diaria así como a visión e política educativa do noso centro e órganos que o compoñe.

Norma de funcionamento do centro para o curso 2020/21

O noso centro educativo está formado por multitudes de niveis pedagóxicas e, polo tanto, por visións moi diferentes que precisa convivir e entenderse. O Plan de convivenvia que desenvolvemos ten ese obxectivo. Ten a función de poñer en coñecimento de todas e todos (alumnado e familia) do xeito no que artellamos a nosa convivencia e das ferramentas das que dispoñemos para manternos neste marco de benestar para toda a comunidade educativa.

Plan de convivencia escolar para o curso 2020/21

Esta xustificación pódese utilizar en casos de non ter xustificación oficial e serve para dispoñer dunha documentación xustificativa documental en caso de que a/o voa/o filla/a non puidera asistir a clase.

Enlace ao documento (protexido con contrasinal)

 

 

 

O CPR Daniel Castelao quere dar resposta ó uso xeneralizado das
tecnoloxías de comunicación na sociedade cunha visión máis moderna e
segura. Para conseguir a integración das novas tecnoloxías dixitais nos
procesos formativos é necesario favorecer e promover o uso de ferramentas
dixitais e mellorar a competencia dos membros da comunidade educativa

Enlace ao documento