Proxecto ICAM

CAM – Including Children Affected by Migration (incluír os nenos afectados pola migración – icamproject.eu), no que participan catro países da unión europea, está liderados por o Northampton Centre for Learning Behaviour, da Universidad de Northampton, entre os que, ademáis de CECE, atópase o consorcio italiano ICARO (formado por cooperativas sociais) e o Inspectorado Rexional de Educación rumano ISJP.

O objetivo do proxecto ICAM é o de incrementar a inclusión e mellorar a capacidade de aprendizaxe dos nenos e adolescentes afectados pola inmigración. Con este fin axudarase a mellorar o clima de convivenza nas escolas e nos fogares, sensibilizando sobre os seus dereitos e a lei que os protexe, proporcionando apoio adicional na escola e na familia para o seu aprendizaxe social e emocional (SEL) e o seu benestar xeral.

Para iso, cada país socio integrará a 7 centros educativos (centros de primarias, secundaria e FP) nos que entre eles estará o noso centro. O obxetivo é axuntar esforzos, compartir experiencias e poñer en práctica as resolucións que sexan precisas para acabar con o acoso escolar.

O noso centro, sensibilizado por esa situación cada vez máis presente nos centros educativos da nosa cidade, dispoñe de expertos implicados na creación de material para a formación do profesorado que lles permita actuar correctamente antes tales situacións de desigualdade.

Se desexades información adicional sobre este proxecto e as formas de actuacións necesarias para axudar aos nenos procedentes da inmigración con riscos de exclusión podedes contactar con nós.

A quen vai dirixido o proxecto?:

  • Familias de alumnado e alumnado afectados pola migración.
  • Responsables de centro educativo con alumnado procedentes da migración con riscos de exclusión educativa.

O proxecto está formado polos organismos a seguir:

  • Centre for Learning Behaviour da Universidad de Northampton
  • CECE
  • Consorcio italiano ICARO
  • Consellería de Cultura, Educación y Ordenación Universitaria (España)
  • Inspectorado Rexional de Educación rumano ISJP