ACTUALIDADE...

AVISO IMPORTANTE (actualizado o 21 de xuño de 2020)

Estimadas/os nais/pais/tirores e alumnado.

Estamos a rematar o curso e chegou o momento das avaliacións finais e recollida de notas. A continuación vos informamos dos días máis importante desta semana.

Alumnado dos primeiros cursos (FPB, CM e CS)

  • A notas están a vosa disposición dende o día 19 de xuño a partir das 12h00.

Alumnado dos segundos cursos (FPB, CM e CS)

  • A notas están a vosa disposición dende o día 22 de xuño a partir das 12h00.

Para todo o alumnado do centro.

  • O prazo de reclamación de notas son do 22 ao 23 de xuño (preguntade polo procedemento de reclamación ao/a voso/a titor/a). As reclamacións realizaranse previa cita na secretaría do centro.
  • Do día 23 ao 25 de xuño o/a voso/a titor/a se porá en contacto co alumnado do centro para acordar un día e hora de entrega de diplomas dos diversos cursos realizados durante o ano así como as vosas capacitacións lingüisticas.
  • Do día 15 ao 19 de xuño, se chamará ao alumnado que recibíu un ordenador en préstamo para realizar a súa devolución.

Desexamos que este curso fose todo o existoso posible aínda que as circunstancias non axudaran e, sobre todo, teñades un feliz verán cheo de boas cosas e de descanso.

Xefatura de estudos.

INFORMACIÓN DE INTERESE SOBREO O COVID-19 E COMO AFECTA AO SISTEMA EDUCATIVO GALEGO

O Instituto de Seguridad e Saúde Laboral de Galicia publicou, o día 23/04/20, unha guía preventiva ante o Covid-19 nos centro educativos.

Ir a noticia

A consellería comunicou, o día 17/04/20, unha medidas provisionais sobre o desenvolvemento da 3º avaliación nos centro educativos.

Ligazón da noticia

Comunicación dende a páxina da Consellería de educación, universidade e formación profesional de Galicia dos acordos establecidos o día 25 de marzo 2020 entre o Ministerio de Educación e as Autonomías en relación aos cambios de datas do calendario escolar.
Ira á noticia

CURSO 2019-20

FPB – CM – CS – PROXECTOS
Seguimos con toda a nosa oferta educativa e con moitas máis novidades pedagóxicas que levamos xa 40 anos mellorando e adaptando ao mercado de Vigo e a súa contorna. No vindeiro curso continuaremos os nosos traballos nos PROGRAMAS EUROPEOS, participaremos en certames e iniciaremos un novo Ciclo de grao superior: o de DESENVOLVEMENTO DE APLICACIÓNS WEB

DANIEL CASTELAO

Centro de Formación Profesional en Vigo
43 anos formando profesionais...

ACTUALIDADE DANIEL CASTELAO

AS NOSAS ÁREAS DE DESENVOLVEMENTO