Centro Plurilingüe

Os centros plurilingües son centros nos que se imparten nunha lingua estranxeira áreas ou materias non lingüísticas, cun máximo dun terzo do horario lectivo e dirixido a todo o alumnado do nivel educativo obxecto do programa plurilingüe.

En toda Galicia so 23 centros de Formación Profesional pertencen a rede de Centros de Ciclos Formativos Plurilingües (Estrela PluriFP).

POR QUE SOMOS UN CENTRO PLURILINGÜE?
Porque apostamos por unha formación que posibilite a mobilidade do noso alumnado fora do estado español.

O alumnado dispón dunha materia formativa extra curricular (inglés) de dous períodos lectivos semanais, así como de actividades para reforzar a aprendizaxe da lingua estranxeira e favorecer a certificación de nivel de idioma.

Este programa ten como obxectivo ofrecerlle máis oportunidades para favorecer a inserción laboral e desenvolver habilidades en inglés.

QUE SIGNIFICA PARA O ALUMNADO?
Ao remate da etapa o alumnado disporá de formación específica orientada para certificar o nivel B1, B2 ou superior.

Seguimos apostando pola mellora da competencia lingüística do noso alumnado