Política de Privacidade

Conforme ao establecido na normativa vixente sobre protección de datos de carácter persoal, informámolo/la que os seus datos se incorporan ao sistema de tratamento desta entidade.
1.- Responsable do tratamento:
CEBEM FORMACIÓN PROFESIONAL SL, CIF B 36 611 655 (Propietaria do CPR Daniel Castelao)
Enderezo: Avda. García Barbón, 48, baixo, 36201 Vigo
Correo electrónico: secretaria@danielcastelao.org
2.- Delegado da protección de datos:
RODRÍGUEZ Y VILAS CB, CIF E 94 078 458
Enderezo: Avda. de Vigo, 216, 1º A, 36320 Chapela, Redondela
Correo electrónico: dpo@rodriguezyvilas.es
3.- Finalidade: atender as súas solicitudes e remitirlle a información relacionada que poida ser do seu interese.
4.- A base que lexitima o tratamento é o seu consentimento, a relación contractual e/ou o cumprimento legal.
5.- Os datos proporcionados serán utilizados e conservados durante o tempo legalmente previsto.
6- Cesións de datos: Para poder prestar o servizo contratado e/ou cumprir as obrigas legais, os datos poderán cederse á Administración pública e a terceiros só cando sexa imprescindible para esta finalidade.
7.- Dereitos: Vostede ten os dereitos seguintes e para exercelos deberá presentar unha solicitude por escrito cunha copia do seu DNI, que deberá remitir por correo electrónico a: dpo@rodriguezyvilas.es:

  • Dereito a obter a confirmación sobre se en CEBEM FORMACIÓN PROFESIONAL SL estamos a tratar os seus datos persoais. Polo tanto, ten dereito a acceder aos seus datos persoais.
  • Dereito a solicitar a rectificación dos seus datos persoais se fosen inexactos.
  • Dereito a solicitar a supresión dos seus datos persoais con carácter xeral cando:
    • Os seus datos non sexan necesarios.
    • Vostede retire o consentimento (nos tratamentos baseados no consentimento).
    • Vostede se opoña ao tratamento e non exista outra base que o lexitime.
    • Os seus datos fosen tratados de xeito ilícito.
  • Dereito a solicitar a limitación do tratamento dos seus datos persoais cando:
    • Vostede impugne a súa exactitude.
    • O tratamento sexa ilícito e vostede se opoña á súa supresión.
    • Os seus datos xa non sexan necesarios, pero vostede precísaos para formular ou exercer a defensa dunha reclamación.
    • Vostede se opuxese ao tratamento, mentres se verifique que os motivos lexítimos prevalecen.
  • Dereito á portabilidade dos datos, cando o tratamento estea baseado no consentimento ou nunha relación contractual e se efectúe por medios automatizados
  • Dereito a opoñerse ao tratamento dos seus datos persoais.

 

8.- Autoridade de control: No caso de que se incumpra a normativa de protección de datos, vostede ten dereito a presentar unha reclamación perante a Agencia Española de Protección de Datos.
9.- A comunicación dos seus datos é un requisito contractual e/ou un imperativo legal. Se vostede non comunica os seus datos, non se lle poderán prestar os servizos.
10.- O tratamento dos seus datos non será sometido a decisións automatizadas nin a perfís.

Co envío do formulario de recollida de datos vostede acepta a política de privacidade de CEBEM FORMACIÓN PROFESIONAL SL