GameSP

O principal obxectivo do proxecto é o desenvolvemento dunha plataforma que permita a interacción entre un robot e adultos con capacidade diminuída. Con este fin búscase propoñer actividades lúdicas co mundo da robótica a este grupo de adultos que, de inicio, non ten esta área ao seu alcance.
É principalmente unha actividade de inclusión e, como tal, os responsables do plan procuran involucrar non só as persoas para quen están definidas as unidades de traballo, senón tamén os seus familiares.

A quen vai dirixido o proxecto?:

  • Familiares de persoas con capacidade diminuída.
  • Responsables de escolas con rapaces e rapazas con capacidade diminuída.
  • Universidade que forma os profesionais dos ámbitos de acción.
  • Persoas con capacidade diminuída de todas as idades.

O proxecto, no que nós temos a tarefa de realizar o software e hardware do robot, está formado polos organismos a seguir:

  • ATENEA Projects Lda. (Portugal)
  • CEIS Formazione (Portugal)
  • Centro de Formación Profesional Daniel Castelao (España).
  • Consellería de Cultura, Educación y Ordenación Universitaria (España)
  • ProMAs (Rumanía)
  • Społeczna Akademia Nauk (Polonia)

Este proxecto ten como primeira tarefa axudar á inserción de persoas con dificultades nun mundo cada vez máis tecnolóxico pero, sobre todo, ten o reto de chamar a atención sobre a necesidade de adaptar ese mundo aos que máis o precisan. Desexamos conseguilo.