Race21

Do ano 2016 ao ano 2019 no noso centro participou nunha colaboración na continuación do proxecto europeo de robótica RACE que, esta vez, se denominou RACE 21 (RACE21: Robotics Automation Careers in Engineering for the 21 Century).

Consistíu nun proxecto de tres anos de duración (1 Setembro de 2016 – 31 de agosto de 2019) destinado ao alumnado de Formación Profesional. Enmarcouse no Programa Erasmus + e tivo como obxectivo desenrolar unha nova pedagoxía, novos plans de estudos, innovadores e creativos no campo da Robótica e da Automatización.

Tratouse tamén de fomentar a colaboración, e unir lazos entre empresas da industria local e do mundo académico.Profesorado e alumnado de todos os países participantes no proxecto foron acollidos no noso Centro para realizar actividades conducentes a acadar os obxectivos.

A quen vai dirixido o proxecto?:

  • Alumnado de Formación profesional dos paises participantes ao proxecto e, por extensión, de calqueira centro educativo europeo.
  • Empresas de robótica e automatización das áreas locais dos centros participantes.

Os participantes nes proxecto proceden dos seguintes paises:

  • Northern Regional College – Reino Unido
  • Leiceul Technologic de Mecatronica si Automatizari – Rumania
  • Centro de F.P. Daniel Castelao – España
  • ITIS “E. Mattei” – Italia
  • Kainuun Ammattiopisto – Finlandia
  • AEVA – Associaçao para a Educaçao da Regiao de Aveiro – Portugal
  • ProEduca z.s. – República Checa