Robótica con Echidnashield
- 27/01/2020
- Posted by: webmaster
- Categoría: Actividade extraescolares , Formación , Todos os eventos ,
Non hai comentarios

Echidnashield é un proxecto open source no que está directamente implicado profesorado do noso centro. a principal característica deste proxecto é o de achegar á programación de Arduino a alumnado con coñecementos técnicos iniciais. Por iso que este curso está organizado para o noso alumnado de 2º de FP Electricidade e Electrónica.
Non só proporcionaralles coñecemento de programación en contorna arduino senón que tamén lles permitirá atopar un campo de aplicación aos coñecementos de electricidade e electrónico que están a adquirir no ciclo.