Carta Erasmus

Proxectos europeos e mobilidades no estranxeiro

O noso centro recibiu a Carta Erasmus. Ó abeiro deste recoñecemento, os nosos alumnos poderán solicitar Mobilidades para facer a Formación en Centros de Traballo en empresas de calquera país da Unión Europea o vindeiro curso. Esta carta tamén permite ao noso centro participar en diversos proxectos europeos.

Esta carta certifica e recoñece ao CPR Daniel Castelao como centro que:

– Asegura a máxima calidade na organización dos experiencias educativa dos seus alumnos no estranxeiro.
– Asegura a máxima transparencia nos procedementos organizativos.
– Promove e transmite visibilidade aos programas Erasmus.
– Promociona a política educativa dos programas Erasmus.
– Promove a formación continua da aprendizaxe de idiomas.

Nesta ligazón podedes consultar o contido orixinal da Carta Erasmus concedida ao noso centro.

Relación dos proxectos europeos nos que estamos traballando co noso alumnado ou proxectos europeos xa finalizados.

SosNetwork
Alemaña, Dinamarca, España e Italia
Elevet
Alemaña, Dinamarca, España, Italia e Reino Unido
Estadía no estranxeiro
Todos os paises da Comunidade Europea